Se estás a buscar unha habitación cómoda, ben situada e lista para entrar a vivir en Santiago de Compostela, esta pode ser unha excelente oportunidade. Ofrecemos alugueiro por habitacións nun amplo piso situado na Avenida Rodríguez de Viguri, unha das zonas mellor comunicadas da cidade, con fácil acceso ao casco histórico, ao Campus Norte, ao complexo administrativo de San Caetano e ás principais entradas e saídas de Santiago.
A vivenda atópase nunha quinta planta e conta con catro habitacións de diferentes características, adaptándose ás necesidades de cada inquilino. É unha opción ideal para estudantes universitarios, opositores, profesorado, persoal sanitario, funcionarios ou profesionais desprazados que busquen un ambiente tranquilo e unha excelente localización para o seu día a día.
As habitacións dispoñibles son:
• Habitación laranxa: cama de 105 cm. Renda mensual: 350 €.
• Habitación verde: cama de 135 cm. Renda mensual: 400 €.
• Habitación amarela: cama de 135 cm. Renda mensual: 400 €.
• Habitación azul: cama de 135 cm. Renda mensual: 450 €. Permítese fumar unicamente na galería, nunca nas zonas comúns da vivenda.
O alugueiro inclúe o dereito de uso da cociña e dos dous baños compartidos. O salón non forma parte das zonas de uso común, co obxectivo de garantir un ambiente máis tranquilo e favorecer a boa convivencia entre os residentes.
Para maior comodidade, a vivenda conta cun servizo semanal de limpeza das zonas comúns (cociña e baños), cuxo custo se reparte proporcionalmente entre as habitacións ocupadas. Tamén dispón de conexión WiFi de alta velocidade e os consumos de electricidade, auga e gas distribúense de forma proporcional entre os inquilinos.
Adicionalmente se precisas praza de garaxe, están dispoibles dúas prazas, unha seguida da outra no sótano do edificio, por un prezo de 60 € mensuais c/u.
A Avenida Rodríguez de Viguri destaca pola súa excelente comunicación co resto da cidade e pola proximidade ao Campus Norte, San Caetano e o casco histórico de Santiago. Nos seus arredores atoparás supermercados, farmacias, transporte público, zonas verdes e todos os servizos necesarios para vivir con comodidade, tanto se estudas como se traballas.
Se buscas unha habitación nun piso ben situado, cun ambiente tranquilo, boa convivencia e todas as comodidades para instalarte desde o primeiro día, esta é unha magnífica oportunidade.
Para máis información ou para concertar unha visita, non dubide en contactar connosco.
ReyXestión 630 08 5678, na rúa Vista Alegre 100 baixo, Santiago.