Véndese local comercial na rúa Domingo Andrade, Zona Vite - Vista Alegre. A súa localización estratéxica, o lado do centro de saúde de Vite e moi preto do Campus Universitario Norte, convérteo nunha excelente oportunidade tanto para investidores como para aqueles que buscan establecer o seu negocio nunha zona con gran potencial.
O local está totalmente equipado para salón de beleza e peiteado, aínda que a súa distribución e características o fan ideal para outros usos como oficina, despacho profesional, consulta ou tenda. O seu acceso directo desde a rúa e a fiestra a nivel da beirarrúa proporcionan unha excelente visibilidade comercial, o que mellora o seu atractivo para calquera tipo de negocio.
Dispón dunha estancia de 72m², correspondentes o local, co seu aseo, e un espazo adicional con diferentes posibilidades de uso (posibilidade de habilitar como garaxe, entre outras).
O barrio destaca polo seu ambiente tranquilo, a súa proximidade ao campus universitario, así como as súas excelentes conexións con outras zonas da cidade. Esta combinación de factores fai deste local unha opción segura e versátil, ideal para iniciar ou ampliar o teu negocio en Santiago.
Chámanos e cho ensinaremos sen compromiso.
ReyXestión
630 08 56 78