Vivenda lista para entrar a vivir en Portomouro, no concello de Val do Dubra, a tan só 15 minutos de Santiago de Compostela , o que a converte nunha opción estratéxica tanto para vivenda habitual como para negocio , grazas á súa proximidade á cidade e ao acceso directo á estrada que conecta coas principais rutas de comunicación . A vivenda está situada na carretera a Carballo, cunha excelente conexión coa costa da morte e outras localidades turísticas de gran interese, como Teo, Boqueixón ou A Estrada, sendo unha opción ideal para aquelas persoas que buscan vivir en zonas tranquilas pero ben comunicadas coas áreas máis dinámicas e turísticas.
A casa está distribuída en planta baixa acondicionada como bar, perfecta para continuar como negocio hostelero ou para adaptalo a outros usos comerciais . A primeira planta e o baixo cuberta ofrecen espazo suficiente para vivenda familiar, cunha distribución que maximiza o espazo. O garaxe e a parcela traseira proporcionan espazo exterior privado para desfrutar do aire libre ou como área de almacenaxe ou lecer.
Este inmoble non só é unha excelente opción para vivenda, senón tamén para hostelería ou un pequeno hostal grazas á súa ubicación estratéxica, a poucos minutos de Santiago, en pleno camiño hacia a costa da morte. O fluxo de turistas que visitan Santiago durante todo o ano, xunto coa proximidade a outras localidades de interese como as rutas de peregrinación, as praias da costa da morte e as rutas naturais da zona, fan desta propiedade unha oportunidade de negocio con moito potencial. Podería ser perfectamente adaptada para hostalería ou incluso para un negocio de aloxamento turístico, que aproveite o paso de visitantes que viaxan entre Santiago e as zonas costeiras.
A localización privilexiada fai desta casa unha opción atractiva para aqueles que buscan unha vivenda confortable e accesible ou para os que queren iniciar un negocio hostelero ou de aloxamento con gran demanda potencial debido á súa situación estratéxica no mapa turístico galego. A distribución eficiente e o bo estado de conservación tamén aseguran unha rápida posta en funcionamento tanto como vivenda como para negocio.
Para máis información ou para concertar unha visita, non dubides en contactar connosco.
ReyXestión - 630 08 5678, na Rúa Vista Alegre 100 baixo.