- Novedad
- Oportunidad
- Oportunidad inversores
Venta
305CHALET DE ENSUEÑO - VEDRA (20 min. de Santiago de Compostela)
A tan só 20 km de Santiago de Compostela, en Vedra, atópase esta maravillosa casa de conto que faría que calquera historia de fadas parecese real. Cunha finca de 6.000 m² rodeada de árbores autóctonas e un entorno natural que parece extraído de postais, esta vivenda destaca por unha decoración chea de personalidade e encanto, creando un ambiente único e acolledor, ideal para quen busque serenidade e privacidade sen renunciar á comodidade da proximidade co centro de Santiago, a tan só 15-20 minutos en coche. A vivienda unifamiliar, construída no ano 2007, posúe un total de 239 m² construídos distribuídos de maneira funcional e harmoniosa. A planta baixa de 135 m² recibe á familia cun porche exterior de 20 m², que se presenta como o lugar perfecto para disfrutar de mañás soleadas ou tardes de relax. Na planta baixa, o hall distribuidor dá paso a un salón-comedor-cociña de concepto aberto, onde a luminosidade e o acollemento invaden cada recuncho. Tamén conta cun cuarto de baño e duas habitacións. A planta baixo cuberta de 106 m² alberga 3 habitacións, un cuarto de baño adicional e un trastero, ofrecendo un espazo versátil para toda a familia ou para recibir visitas. O solado de madeira na maior parte da vivenda, en combinación con cerámica nas áreas de cociña e baño, aporta calor e naturalidade ao ambiente, creando un contraste perfecto entre os acabados modernos e a tradición rústica. Detalles e comodidades excepcionais: Sistema de calefacción por aerotermia, complementado por unha cociña de leña calefactora que achega un toque de calor adicional durante os meses fríos Preinstalación de aire acondicionado para garantir confort durante todo o ano Carpintería exterior de madeira, con ventanas Velux nos baños e lucernarios nas escaleiras, permitindo que a luz natural inunde os espazos Cuberta a varias augas, cun revestimento de material cerámico que destaca pola súa resistencia e estética. Servicios básicos como electricidade, auga potable de pozo de barrena e saneamento con fosa séptica autorregulable, garantindo autosuficiencia e respeto polo medio ambiente A parcela está perfectamente coidada, con abundantes árbores autóctonos que non só proporcionan sombra e frescor senón que tamén crean un entorno idóneo para o relax e a desconexión, achegando unha verdadeira sensación de estar no corazón do bosque sen deixar de estar ben comunicado con Santiago. Por que é unha boa compra? A súa localización única a tan só 20 km de Santiago, nun espazo tranquilo, verde e natural, pero con fácil acceso á cidade, fai que esta vivenda sexa perfecta para aqueles que buscan a combinación de natureza e comodidade urbana. O seu estilo e decoración encantadora, xunto coa gran parcela e as árbores autóctonas, transmiten unha sensación de paz e armonía, ideal para vivir ou pasar momentos de relax. Bo estado de conservación e coidado detallado de cada espazo, tanto no interior como no exterior, garantizando a durabilidade e a rendibilidade da propiedade. Posibilidade de personalización en áreas como o baixo cuberta ou o xardín, dependendo das necesidades do comprador. Usos posibles: Vivenda habitual perfecta para familias que busquen serenidade e privacidade, sen renunciar á proximidade con Santiago Escapatoria rural ideal para aqueles que queren escapar do estrés da cidade Inversión no mercado turístico, dado o atractivo natural da zona, perfecta para casas de campo ou aloxamento rural Non perdas esta oportunidade de atopar a túa casa soada nun entorno de contos, onde a natureza e a tranquilidade se combinen coa comodidade e o acceso rápido a Santiago. Contacta connosco para máis información ou para organizar unha visita. ReyXestión - 630 08 56 78 - na rúa Vista Alegre 100 baixo, Santiago de Compostela.
Vedra