Ofrécese en venda unha casa unifamiliar adosada situada na Rúa Guadalupe, en Santiago de Compostela. Trátase dunha vivenda que require total rehabilitación, o que permite personalizar e deseñar a casa segundo as súas preferencias.
A rehabilitación permitiría desenvolver un baixo de 40 m², unha planta primeira de 40 m² e un baixo cuberta de 20 m². Esta distribución abre un abanico de posibilidades para crear unha vivenda próxma á malla urbana nun entorno tranquilo e rodeado de zonas verdes.
A casa conta na parte traseira cun terreo de 150 m², un espazo máis que suficiente para desenvolver un cómodo xardín privado, con saída a un paso peonil traseiro, que o faría un espazo o aire libre perfecto para relaxarse ou gozar de reunións familiares ou con amigos.
A ubicación ofrece tranquilidade e intimidade, pero tamén a comodidade de estar ben comunicada co centro de Santiago e moi perto do edificio da Xunta de Galicia, permitindo un fácil acceso a servizos, comercios e zonas de ocio.
Este inmoble é unha gran oportunidade para proxectos de rehabilitación, con parte dos muros en pedra, e permite crear unha vivenda ao gusto do comprador, e na contorna dunha cidade con alta demanda inmobiliaria.
A propiedade ofrece un alto potencial de revalorización unha vez que se complete a rehabilitación, converténdose nunha vivenda única na zona.
É excelente oportunidade de compra, se temos en conta, o seu gran potencial de rehabilitación, permitindo personalización total; o terreo amplo para xardín privado; e, a ubicación tranquila pero ben comunicada co centro de Santiago.
Para máis información ou para estudar a viabilidade do teu proxecto neste inmoble, contacta connosco directamente.
ReyXestión
630 08 56 78