Se estás a buscar unha vivenda cómoda, ben situada e lista para entrar a vivir en Santiago de Compostela, esta pode ser unha excelente oportunidade. Ofrecemos alugueiro dun amplo piso situado na Avenida Rodríguez de Viguri, unha das zonas mellor comunicadas da cidade, con fácil acceso ao casco histórico, ao Campus Norte, ao complexo administrativo de San Caetano e ás principais entradas e saídas de Santiago.
A vivenda atópase nunha quinta planta e conta con catro habitacións de diferentes características, adaptándose ás necesidades de cada inquilino. É unha opción ideal para estudantes universitarios, opositores ou profesorado, que busquen un ambiente tranquilo e unha excelente localización para o seu día a día.
As habitacións
• Habitación laranxa: cama de 105 cm.
• Habitación verde: cama de 135 cm.
• Habitación amarela: cama de 135 cm.
• Habitación azul: cama de 135 cm.
todas elas con armario y escritorio
Dispón cocina amoblada e totalmente equipada e gran salón con galería.
Para maior comodidade, a vivenda conta cun servizo semanal de limpeza das zonas comúns (cociña e baños), Tamén dispón de conexión WiFi de alta velocidade
Adicionalmente se precisas praza de garaxe, están dispoibles dúas prazas, unha seguida da outra no sótano do edificio, por un prezo de 60 € mensuais c/u.
A Avenida Rodríguez de Viguri destaca pola súa excelente comunicación co resto da cidade e pola proximidade ao Campus Norte, San Caetano e o casco histórico de Santiago. Nos seus arredores atoparás supermercados, farmacias, transporte público, zonas verdes e todos os servizos necesarios para vivir con comodidade, tanto se estudas como se traballas.
Se buscas unha vivenda ben situada, cun ambiente tranquilo, boa convivencia e todas as comodidades para instalarte desde o primeiro día, esta é unha magnífica oportunidade.
Para máis información ou para concertar unha visita, non dubide en contactar connosco.
ReyXestión 630 08 5678, na rúa Vista Alegre 100 baixo, Santiago.