Situada na Rúa Entrepontes, en Portomouro, Val do Dubra, a tan só 12 minutos de Santiago de Compostela, esta
vivenda pareada ofrece unha oportunidade única para vivir no campo sen renunciar ás comodidades urbanas. A
vivenda, con 184 m² construídos sobre unha parcela de 319 m² e unha fica anexa de máis de 1.400 m², sitúase
nunha zona de tranquilidade e naturaleza, pero ao mesmo tempo ben comunicada coas principais vías que conectan
Santiago e as localidades veciñas, garantindo unha proximidade ideal para traballar ou acceder á cidade.
A planta baixa da casa conta cun amplio recibidor que dá acceso a unha cociña rústica con lareira, perfecta para os
amantes da cociña tradicional. O comedor independente, a sala de estar e un baño completo completan o espazo social
da vivenda, ao que se suma o acceso directo ao patio trasero de 72 m², con un pilón-lavadeiro tradicional e a auga
continua procedente dunha fonte natural dentro da finca, é perfecto para gozar do aire libre e para actividades de
lecer, xogos ou simplemente desconectar da rutina.
Na planta alta, atopamos 4 habitacións amplas e un salón adicional, que pode adaptarse a diferentes necesidades
(como sala de xogos, zona de lectura ou espazo de traballo). O baño completo situado nesta planta ofrece comodidade
para toda a familia. O baixo cuberta de 75 m² sen rematar ofrécelle a oportunidade de adaptar ese espazo ás súas
necesidades, xa sexa como máis dormitorios, ofiina ou un estudio creativo.
A finca anexa de 1.400 m² permite multitude de proxectos, como horta, xardín ou pequenas instalacións, aproveitando
ao máximo o espazo exterior. A vivenda tamén conta con calefacción por propano e auga quente, o que proporciona
un ambiente cálido e cómodo durante todo o ano.
A localización é perfeita para aquelas persoas que buscan vivir no campo pero á vez ter acceso rápido a todos os
servizos e comodidades de Santiago de Compostela. A proximidade á cidade (a tan só 1 2 minutos en coche) fai que esta
propiedade sexa ideal tanto para vivenda habitual como para segunda vivenda ou incluso como aloxamento
rural, dada a súa proximidade á capital e ao ambiente natural que a rodea. A vivenda tamén pode ser aproveitada para
proxectos de turismo rural ou mesmo como negocio de hostelería dada a súa estructura, o espazo exterior e as
posibilidades de mellora.
A gran parcela, xunto coa posibilidade de personalización e expansión do baixo cuberta, fai desta propiedade unha
excelente oportunidade de investimento para aqueles que busquen expandir o seu negocio ou crear unha vivenda a
medida no corazón de Galicia, pero con fácil acceso a Santiago e á costa.
É unha boa compra, se temos en conta entre outras cousas: 1 . A excelente localización a tan só 1 2 minutos de Santiago,
con fácil acceso ás principais vías; 2. Ampla parcela e espazo exterior que permite múltiples usos (xardín, horta,
actividades ao aire libre); 3. Posibilidade de ampliación e personalización, especialmente no baixo cuberta; 4.
Oportunidade de investimento en turismo rural, vivenda habitual ou segunda vivenda; e, 5. Servizos e comunicación
excelente, garantindo a tranquilidade do campo pero a accesibilidade á cidade.
Esta vivenda, ben conectada e cun gran potencial de desenvolvemento, é unha oportunidade ideal para aproveitar o
mellor do campo e da cidade ao mesmo tempo. Para máis información ou para concertar unha visita, contacta connosco
directamente. ReyXestión 630 085 678, na rúa Vista Alegre 100 bx, Santiago