Local comercial con 32 m² situado na Rúa Santa Comba 2, nunha zona de moito tránsito e visibilidade en Santiago de Compostela. O local, antiga mercería, atópase no edificio xusto ao lado da libraría que ocupa a esquina, o que lle proporciona unha boa exposición e facilidade de acceso.
Este espazo diáfano permite múltiples opcións de uso, aínda que necesitaría ser adequado para o novo uso que se lle queira dar (comercio, oficina, consultoría, etc.). Conta con instalacións eléctricas e de fontanería operativas, o que facilita a posta en marcha sen a necesidade de grandes reformas.
O local tamén inclúe un aseo e unha zona de almacenaxe, elementos que optimizan o aproveitamento do espazo. A fachada acristalada ofrece boa visibilidade desde a rúa, permitindo exhibir produtos ou publicidade, ademais de dispoñer dunha entrada directa desde a vía pública.
A localización, moi próxima a outros negocios, fai que este local sexa ideal para todo tipo de actividade comercial ou profesional que precise un espazo pequeno pero ben ubicado e accesible. Ideal para comercio de proximidade, oficinas, ou consultoría.
Para máis información ou para organizar unha visita, contacta connosco directamente. Este é un inmoble cun gran potencial para ser adaptado ás túas necesidades profesionais.
ReyXestión
630 08 56 78