Póñese en venda unha casa pareada situada en Rúa Cruz San Pedro, no emblemático barrio de San Pedro de Santiago de Compostela, unha localización estratégica e moi próxima ao casco histórico, con tódolos servizos ao alcance. A vivenda desenvólvese en tres plantas: na planta baixa hai un local comercial operativo dende hai 15 anos, con uns 70 m² e entradas por dúas rúas, que recibe luz natural polos seus tres frentes, o que supón un activo interesante para que o comprador manteña o negocio ou o reestruture. Ademais, nesta planta baixa radica a entrada á vivenda, co hall e a escaleira que conduce ao primeiro piso. No primeiro andar, cunha superficie de aproximadamente 87 m², atópanse a cociña, unha sala, comedor e dous dormitorios; no piso baixo cuberta (ático), hai unha ampla zona diáfana con posibilidades de reconversión nun pequeno estudo con baño, o que ofrece unha grande flexibilidade para optimizar o espazo segundo as necesidades.
Este inmoble é especialmente atractivo para investimento porque combina unha parte comercial con residencial, algo moi cotizado no centro histórico, o que amplía as opcións de uso: pode seguir acollendo o negocio existente, dedicarse a vivenda de longuísimo prazo ou incluso utilizar parte do espazo como aluguer turístico, dado o atractivo da zona.
A zona de San Pedro é un barrio con gran personalidade: está cheo de vida, con locais de restauración, tendas innovadoras e unha comunidade activa de veciños. Ademais, a rúa está dentro dun ámbito protexido polo “Plan Especial de Rehabilitación” do casco histórico compostelán.
Para máis información ou para concertar unha visita, contacta connosco directamente.
ReyXestión
630 08 56 78