Casa unifamiliar de 283 m² distribuída en dúas plantas, recentemente rehabilitada para entrar a vivir, situada na parroquia de Ameixenda (Ames, A Coruña). Na planta baixa atópase unha cociña amoblada e totalmente equipada, unha sala de estar, un comedor amplo e un baño completo, todo con mobles e electrodomésticos novos, o que da sensación de estrenar. No piso superior hai tres dormitorios dobres, todos con armarios empotrados, e un aseo, con opción para converter ese espazo nun baño completo se se desexa. A rehabilitación, feita hai menos dun ano, inclúe materiais de primeira: tarima de alta calidade en todas as estancias, carpintería con vidro climalit e rotura de ponte térmico, illamento da fachada, cuberta nova, instalación eléctrica e tubaxes renovadas, ademais dunha bomba de aire frío/calor que garante climatización eficiente en toda a vivenda.
O inmoble dispón tamén dun trasteiro de 35 m², e está asentado sobre unha parcela urbana de 1.732 m², con xardín privativo. A ubicación é estratéxica: ben comunicada co norte e co sur da área compostelá, a apenas 12 minutos do Hospital Clínico, 10 minutos do polígono do Tambre e 7 minutos de Bertamiráns, garantindo acceso tanto a servizos sanitarios como a zonas industriais ou comerciales. Ames, concello que pertence á comarca de Santiago, conta cunha poboación en crecemento (uns 32.800 habitantes segundo registros recentes) e un perfil demográfico moi favorable, con moita xente nova.
Desde o punto de vista da inversión, esta propiedade ten un atractivo moi alto: pode usarse como vivenda familiar cómoda e moderna, con amplo espazo exterior; sen descontar por exemplo, aproveitar o trasteiro para ampliar a vivenda. Tamén pode rentabilizarse mediante aluguer de longa duración ou incluso como vivenda de vacacións ou de descanso, dada a tranquilidade da zona e as boas conexións con Santiago e outras infraestruturas.
Para máis información ou para concertar unha visita, contacta connosco directamente.
ReyXestión
630 08 56 78