Local en planta semisótano (-1) en Santiago de Compostela, cunha superficie de 111 m², con uso autorizado para vivenda (según o rexistro) e que inclúe ademais una plaza de garaxe, situada no sótano do edificio, o que converte este inmoble nunha proposta moi pouco habitual polo seu volume total e polas posibilidades que ofrece.
Atópase sen acondicionar, en estado de obra, coas instalacións pendentes de executar, o que permite ao comprador deseñar desde cero a distribución, calidades e solucións técnicas, adaptando o espazo a un proxecto residencial amplo, moderno e totalmente personalizado.
A presenza de terraza achega un valor diferencial moi relevante para unha vivenda en semisoto´tano, ao proporcionar luz, ventilación e zona exterior de uso privativo, mellorando notablemente a calidade de vida e a percepción do espazo; a superficie dispoñible permite crear unha vivenda de grandes dimensións nunha soa planta, con opción de integrar zonas abertas tipo loft, varios dormitorios, despacho profesional ou espazos multifuncionais, mentres que o amplo garaxe asociado facilita tanto o aparcamento como o almacenamento ou usos complementarios vinculados á vivenda.
Desde o punto de vista da inversión, trátase dun activo con alto potencial de revalorización, xa que adquirir un espazo en bruto con cambio de uso a residencial xa autorizado permite optimizar custos de execución e obter un produto final singular, difícil de atopar no mercado compostelán. Os posibles usos inclúen vivenda habitual de gran superficie, vivenda con espazo profesional vinculado ou proxecto residencial adaptado a necesidades específicas.
Para máis información ou para analizar a viabilidade do teu proxecto neste inmoble, contacta connosco directamente.
ReyXestión
630 08 56 78