Local en planta semisótano situado na rúa Pelamios 16, Santiago de Compostela, nun ámbito pertencente a unha zona de rehabilitación do núcleo histórico destinada ao fomento da iniciativa privada aprobada polo Concello, o que lle outorga un contexto urbanístico especialmente interesante para proxectos a medio e longo prazo.
Trátase dun espazo diáfano, actualmente semiacondicionado, que permite unha adaptación flexible segundo a actividade que se queira implantar, cunha configuración que facilita tanto usos comerciais como profesionais sen necesidade de redistribucións complexas; segundo a ordenanza de aplicación o inmoble admite como usos compatibles o uso comercial en categoría 2ª (Tiendas y servicios habituales), que inclúe locais situados en semisoto´tano, o comercial en categoría 3ª (Grandes locales, hostelería, ocio), así como uso de oficinas, o que amplía notablemente o abano de posibles actividades.
A localización, dentro do tecido histórico de Santiago pero fóra das rúas máis saturadas, resulta axeitada para negocios que buscan proximidade ao centro sen asumir custos elevados nin limitacións extremas de espazo, sendo especialmente interesante para despachos profesionais, estudos técnicos, oficinas de servizos, pequeno comercio especializado ou actividades vencelladas á economía creativa.
Desde o punto de vista do investimento, este local ofrece unha oportunidade clara pola súa versatilidade de uso, polo marco de rehabilitación urbana no que se insire —que adoita favorecer a posta en valor progresiva dos inmobles— e por tratarse dun produto con demanda estable para actividades que non precisan fachada comercial principal.
Para máis información ou para analizar a viabilidade do teu proxecto neste local, contacta connosco directamente.
ReyXestión
630 08 56 78