LOCAL EN VENTA situado no baixo dun edificio na rúa Bispo Diego Peláez (Vista Alegre).
Trátase dun baixo sin acondicionar cunha superficie de 108 m².
O local conta con acceso e fachadas tanto a rúa Bispo Diego Peláez como cara á rúa de Noia, zona con boa visibilidade e amplio escaparate.
Precisa acondicionamento para a posta en funcionamento dunha nova actividade, circunstancia que ofrece ao comprador a vantaxe de adaptar os espazos ás necesidades concretas do seu negocio desde o primeiro momento. Contan con cheminea e saída de gases.
Ideal para implantar negocios como un centro de día, clínica de fisioterapia ou rehabilitación, centro médico, academia de formación, espazos para actividades deportivas, oficinas profesionais, coworking ou establecementos relacionados coa hostalaría e restauración.
O locaL non está pode ser destinados a uso residencial, nin aloxamento turístico, polo que a súa principal fortaleza reside precisamente nas amplas posibilidades de actividade comercial.
A situación do inmoble resulta especialmente interesante pola súa proximidade ao centro urbano de Santiago de Compostela, así como aos principais barrios residenciais da cidade.
Vista Alegre é un barrio dentro da malla urbana de Santiago, con enorme potencial residencial e comercial, así como a influencia do Campus Norte Universitario, e a 10 minutos do edificio administrativo da Xunta de Galicia. Conta con tódolos servizos necesarios, transporte público e boas conexións coas principais vías de acceso á cidade, factores que favorecerían o desenvolvemento de actividades comerciais e profesionais nestes locais.
Posibilidade de acceder a compra de outro local colindante de 138 m2.
Para máis información ou para concertar unha visita, non dubide en contactar connosco.